Paula Abraldes Ramallo, xornalista do concello coruñés de Ribeira, faleceu este mércores aos 31 anos de idade despois de loitar contra unha enfermidade que no seu caso foi irreversible. Malia a súa xuventude contaba cunha ampla experiencia profesional, pois traballou en La Voz de Galicia, presentou o programa 'Tolemias' na TVG e estivo nos gabinetes de prensa en varias consellerías da Xunta de Galicia.
Paula Abraldes, de quen os seus compañeiros lembran o seu sorriso e a súa preocupación polos demais, estudara Xornalismo na universidade Complutense de Madrid. Tamén era afeccionada ao teatro e chegou a escribir textos e a facer algún papel como actriz.
O seu pasamento a idade tan temperá causou unha profunda consternación entre os seus compañeiros e entre toda a profesión xornalística galega.