O secretario xeral do PSdeG e portavoz do Grupo Socialista na Cámara galega, Gonzalo Caballero, abandonará a corentena tras dar negativo na segunda proba PCR e non estar en contacto con ningún positivo en coronavirus.
Diso informou o propio Gonzalo Caballero a través do seu perfil da rede social Twitter, no que explicou que tras dous resultados negativos poderá empezar unha "nova fase".
🔴 Acábanme de comunicar que a segunda PCR que me fixeron tamén deu negativa. Ao non ter estado en contacto con ningún positivo e dacordo aos protocolos tras dúas pcrs negativas, nova fase. Estou ben. Grazas a tod@s os que vos preocupastes.
— Gonzalo Caballero (@G_Caballero_M) August 20, 2020
"Acábanme de comunicar que a segunda PCR que me fixeron tamén deu negativa. Ao non estar en contacto con ningún positivo e de acordo aos protocolos tras dous PCR negativas, nova fase. Estou ben. Grazas a tod@s os que vos preocupastes", publicou.
En concreto, Gonzalo Caballero comunicou o mércores que mantiña unha corentena preventiva de 48 horas tras ter febre pero dar negativo nunha primeira proba PCR. Por iso, non puido asistir este xoves á constitución das comisións parlamentarias e da Deputación Permanente.