Un incendio atópase controlado tras afectar a un alpendre no municipio de Catoira, o cal almacenaba diferentes produtos químicos.
O alpendre está situado na PO-548, ao pasar O Alto do Cordeiro. Tras controlar o lume, os bombeiros continúan con tarefas para lograr a súa extinción. Foi necesaria a intervención dunha pa do Concello, que descargou area sobre as chamas.
ás 14,30 horas, axentes da Garda Civil informaban ao 112 Galicia do lume. Así, avisouse, entre outros, a bombeiros de Vilagarcía e de Ribadumia, así como a membros do GES de Padrón e de Protección Civil do municipio.