Diana, como foi nomeada o novo temporal que chega a Galicia, deixará precipitacións abundantes e fortes ventos na comunidade durante o martes e o mércores.
Nesta primeira xornada de incidencia da borrasca, Meteogalicia prevé refachos máximos de vento que puntualmente poden superar os 80 quilómetros por hora na Mariña, onde o aviso amarelo está activado desde as 12.00 horas. No noroeste da Coruña, actívase ás 18,00 horas, con refachos máximos que puntualmente poderían superar tamén os 80 quilómetros por hora.
No litoral de Pontevedra e A Coruña, tamén o martes a partir das 12,00 horas, hai aviso amarelo por mar combinado do oeste con ondas de 4 a 5 metros.
ALERTA LARANXA.Con todo, está previsto que o peor de Diana chegue o mércores. O litoral galego seguirá en alerta amarela durante esta xornada e o aviso incluso se incrementará a laranxa pola tarde na costa coruñesa e pola noite na pontevedresa por ventos do sur de forza oito.
A fronte fría asociado a esta borrasca deixará choivas en toda Galicia pero especialmente na Coruña e Pontevedra.