Eva Iglesias, colaboradora do programa da TVG Land Rober, cantante e actriz, anunciou este venres a través das redes sociais o nacemento da súa filla Julia.
"Dende onte somos un máis na familia!! Benvida a este mundo, miña pequerrechiña!! Julia xa está aquí!", publicou no seu perfil de Instagram a presentadora, cantante e actriz.