Un ciclista resultou ferido grave este domingo tras ser atropelado en Gondomar polo condutor dunha furgoneta, que deu positivo por drogas no test.
O accidente rexistrouse ao redor das 11.00 horas nas inmediacións da igrexa de Donas, segundo informa a Radio Galega.
O ciclista foi evacuado a un hospital.