O secretario xeral do PSdeG e portavoz parlamentario do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, informou de que gardará unha corentena de 48 horas tras ter febre e "outras molestias" polo que, aínda que deu negativo na PCR, non acudirá este xoves ao Parlamento de Galicia.
"Mañá non poderei asistir á constitución das comisións do Parlamento galego. Estiven onte con febre e outras molestias, e fixéronme unha PCR que deu negativo, pero seguindo o protocolo debo estar 48 horas sen contactos. Estou ben pero mañá debo quedar en casa", sinala nunha mensaxe publicada no seu perfil da rede social Twitter.
Mañá non poderei asistir á constitución das comisións do Parlamento Galego. Estiven onte con febre e outras molestias, e fixéronme unha PCR que deu negativa, pero seguindo o protocolo debo estar 48 horas sen contactos. Estou ben pero mañá debo quedar na casa.
— Gonzalo Caballero (@G_Caballero_M) August 19, 2020
En concreto, este xoves quedarán constituídas as comisións regulamentarias da Cámara galegas, así como a Deputación Permanente como órgano reitor do Lexislativo galego nos que non está hábil o pleno.