A Asociación de Afectados de Intrusismo Médico-Sanitario comunicou o ingreso en prisión de José Manuel López Pérez, coñecido como Coté, no penal de Pereiro de Aguiar. O home, que traballou sen título en Ferrol e Viveiro, foi condenado por exercer "por máis de 6 meses a medicina" nunha clínica de Vinaròs (Castelló) en 2009.
Nunha nota de prensa, o colectivo apunta que Coté cumprirá "unha condena de 4 anos e medio" de cárcere "por delitos de intrusismo e estafa". Fréderic Gisbert, socio da clínica, tamén entrou nas últimas horas nun centro penal da Comunitat Valenciana.
Segundo a agrupación, a López Pérez aínda ten pendente o xuízo polo ocorrido nas clínicas galegas que rexentou. Neste caso, segundo a asociación. atribúenselle "delitos de homicidio, lesións, estafa, branqueo de capitais, intrusismo" ou falsidade documental.