A Dirección Xeral de Emerxencias decidiu activar na madrugada do venres ao sábado unha alerta de nivel laranxa na costa das provincias de Pontevedra e A Coruña. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía o fenómeno adverso afectará o litoral desas provincias con ondas do oeste e noroeste de entre cinco e seis metros. As previsións apuntan a que irá remitindo en torno ao mediodía do sábado.
Así as cousas, Emerxencias informou da situación aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de Protección Civil e clubs náuticos, entre outras entidades.
Debido ao temporal costeiro, recoméndase evitar achegarse aos diques ou rompentes, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos, así como vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Tamén se aconsella permanecer lonxe de espigóns, praias, rompentes, paseos marítimos, peiraos ou zonas que poidan ser alcanzadas polas ondas. E consultar a información meteorolóxica e a web da central de emerxencias 112.
05/04 09:51 #AEMET actualiza #FMA en Galicia. Activos hoy y mañana. Nivel máx naranja. Imagen del mapa de avisos en vigor a las 09:51 . Para ver una tabla de avisos actualizada haga CLIC EN LA IMAGEN o visite https://t.co/Mw1O1wz2vE https://t.co/kUBRel0wj4
— AEMET_Galicia (@AEMET_Galicia) 5 de abril de 2019
En terra, a previsión da Meteogalicia para este sábado ceos parcialmente cubertos con chuvascos, localmente acompañados de saraiba e aparello eléctrico. A cota de neve sitúase nos 1.000 metros, tras unha xornada -ao do venres- que volveu a deixar estampas brancas en zonas altas.
En canto ás temperaturas, as mínimas presentarán un lixeiro ascenso e as máximas non experimentarán cambios significativos.