Tres surfeiros foron rescatados ese xoves nas inmediacións da praia de Valdoviño, en Ferrolterra, após quedar illados e atrapados nunha zona de rochas.
Un helicóptero de Salvamento Marítimo encargouse dos labores de rescate e trasladou aos afectados ata o Aeroporto de Alvedro, onde unha ambulancia os esperaba para trasladar a un deles, que resultara ferido.
Un particular alertou do ocorrido ao 112 sobre as 17.30 horas, indicando que tres persoas que estaban a practicar surf na praia de Valdoviño tiñan dificultades para saír da auga.
Desde o 112 Galicia pasouse aviso a Salvamento Marítimo, que mobilizou un helicóptero para o rescate dos afectados.