O mércores chegará unha fronte fría a Galicia nas derradeiras horas do día. Con esta situación, comezaremos a xornada con ceos anubrados na metade oeste e algunha chuvia feble na franxa atlántica e ceos alternando nubes e claros no leste.
Co avance do día os ceos quedarán cubertos en toda a comunidade, con chuvias xeneralizadas á noite.
As temperaturas mínimas descenderán, especialmente no interior e as máximas non terán cambios significativos ou lixeiros descensos.
Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados no interior e fortes no litoral e zonas altas.
Volve o frío: este mércores entra en Galicia unha masa de aire polar
As temperaturas mínimas descenderán, especialmente no interior