A terceira edición de 'O teu Xacobeo' contará cunha dotación 1,5 millóns

A Xunta busca "reeditar o éxito" das dúas primeiras convocatorias, nas que se financiaron case 600 propostas
Visita de Alfonso Rueda a un centro educativo de Ferrol. XUNTA DE GALICIA
photo_camera Visita de Alfonso Rueda a un centro educativo de Ferrol. XUNTA DE GALICIA

O programa de apoio a iniciativas socioculturais O teu Xacobeo, que busca impulsar proxectos relacionados co Ano Santo e potenciar a marca de Galicia como destino seguro e de calidade, contará cunha terceira edición, dotada con 1,5 millóns de euros, e convocarase a finais de mes.

Así o avanzou este venres o vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, durante un acto celebrado o Colexio Cristo Rey de Ferrol.

Deste xeito, Rueda ha destallado que se financiarán proxectos socioculturais que complementen a programación do Xacobeo neste 2022, implicando á cidadanía na súa celebración con propostas culturais e creativas que axuden a pór en valor o Camiño de Santiago".

Visita de Alfonso Rueda a un centro educativo de Ferrol. XUNTA DE GALICIA2

Así, financiaranse proxectos como exposicións, mostras, intervencións, concertos, festivais, publicacións, creacións audiovisuais, talleres, xornadas de formación, conferencias e foros, actividades deportivas ou eventos gastronómicos celebrados por entidades privadas e entidades sen ánimo de lucro entre maio e outubro.

Na súa visita ao colexio ferrolán, Rueda detallou que con esta terceira convocatoria a Xunta busca "reeditar o éxito das dúas edicións anteriores, nas que se demostrou a implicación da sociedade co Xacobeo 21-22".

CASE 600 PROPOSTAS. A través deste programa apoiáronse xa 572 proxectos desenvolvidos en 200 concellos galegos, e que supuxeron un investimento da Xunta 8 millóns de euros e permitiron mobilizar case 15 millóns de euros en ámbitos como o turismo, a cultura, o deporte ou a acción social, entre outros.

Entre eles están os cinco presentados pola Federación de ANPAS de Ferrol e Comarca Concepción Areal, que foi beneficiaria nas dúas convocatorias publicadas ata agora e recibiu máis de 97.100 euros. A través de varias edicións do Festival do Camiño Inglés e Xacobeo 21-22, a organización conseguiu involucrar a 9.500 alumnos de 39 centros escolares das comarcas de Ferrolterra, Eume, Ortegal e As Mariñas.

"O programa foi a maior convocatoria aberta de proxectos socioculturais de Galicia e puxo de manifesto que o Camiño de Santiago e o Xacobeo están moi presentes no conxunto da sociedade galega", apuntou o vicepresidente primeiro da Xunta.
 

Comentarios