Efectivos da Garda Civil de Cambre, na Coruña, procederon á detención dun home de nacionalidade romanesa e con iniciais C.P. pola súa presunta participación nun roubo perpetrado nunha vivenda de Abegondo, segundo informou o Instituto Armado.
Sobre as tres menos dez da madrugada do pasado 4 de novembro unha patrulla recibiu unha alerta dunha central de alarmas por unha posible subtracción nunha casa de Crendes. Os asaltantes, segundo a nota, debido a que eran máis dun, foron sorprendidos in fraganti mentres fuxían nunha zona boscosa.
Os axentes activaron entón un dispositivo de procura e acharon a este home de 34 anos no interior dun vehículo e o mesmo non ofreceu respostas coherentes ás preguntas que se lle realizaban. Entre as súas pertenzas atopouse un lote de xoias, das que non puido acreditar a súa procedencia, e confirmouse a súa implicación no roubo da mencionada casa polas gravacións das cámaras de seguridade.
A esta persoa impútaselle a comisión dun delito de roubo con forza en vivenda habitada e, tras o pase a disposición xudicial, decretouse a súa liberdade por parte do xulgado de instrución de garda de Betanzos.
Detido na Coruña polo roubo nunha vivenda do Concello de Abegondo
Os axentes localizaron entre as súas pertenzas un lote de xoias do que non puido explicar a súa procedencia