Retiran unha embarcación que ardeu na Graña

O lume produciuse na noite do xoves, sen que se producisen vítimas

Unha embarcación que ardeu o xoves por completo no estaleiro vello da Graña debido a un fallo mecánico será retirada este venres do lugar do incendio.

A embarcación navegaba pola ría de Ferrol cando, pasados uns minutos das 22:00 horas, o dono avisaba ao 112 de que o seu barco estaba a arder no mar, no estaleiro vello da Graña.

O patrón tirouse á auga tras o lume espontáneo que se declarou a bordo, e logrou alcanzar a beira a nado, explica a Autoridade Portuaria.

De inmediato, Urxencias avisou a Salvamento Marítimo, ao servizo de Gardacostas de Galicia e á Autoridade Portuaria, e alertou aos bombeiros de Ferrol ante o temor de que o lume pasase a outras embarcacións atracadas.

A Garda Civil, Policía Nacional e efectivos de Protección Civil de Ferrol tamén foron informados o incendio, extinguido pouco despois.

Comentarios