Un incendio forestal permanece activo este martes no termo municipal de Verín (Ourense), onde queimou unhas 30 hectáreas de superficie.
Segundo informou a Consellería do Medio Rural, ás 15.39 deste martes iniciouse un lume na parroquia de Vilamaior do Val, no termo municipal de Verín.
Así se encuentra el incendio zona Vilamaior,Verín (Ourense) a la llegada #Brif Laza! Impresiona lo pronto que crece...y estamos en Abril! pic.twitter.com/k8svtYNc7J
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) 2 de abril de 2019
EXTINGUIDO. Mentres, o incendio forestal que se iniciou ás 2.21 deste martes no municipio de Muras quedou extinguido ás 19.47 horas.
As últimas estimacións sitúan a superficie afectada en 25 hectáreas de monte raso. No seu control traballaron dous técnicos, seis axentes, 16 brigadas, cinco motobombas, unha pa e un helicóptero.
Pola súa banda, ás 14.25 deste martes quedou extinguido o lume declarado ás 19.18 do luns na parroquia de Pambre, en Palas de Rei. Debido a este lume ardeu unha superficie de 35 hectáreas, de elas14 de monte arborado e 21 de raso.
Para extinguir este incendio mobilizáronse seis axentes, 14 brigadas, seis motobombas, dúas pas e seis helicópteros.