O incendio forestal que se iniciou este luns no concello ourensán de Oímbra quedou extinguido sobre as 20.30 horas tras calcinar unhas 20 hectáreas, segundo a información da Consellería de Medio Rural.
A brigada contra incendios forestais de Laza advertira de que había "moitísimo vento" na zona, o que favorecía a propagación do lume.
As chamas declaráronse sobre as 11.30 horas na parroquia de Videferre e para o control das mesmas, segundo Medio Rural, foron mobilizados un axente, 10 brigadas, catro motobombas, seis helicópteros e dous avións.