Alimentos Lácteos solicitou a marca ''Galega 100%'' para o leite de dez cooperativas

O xerente de Alimentos Lácteos, Roberto Casas, explicou hoxe na sede da empresa en Outeiro de Rei, que o envasado e comercialización das súas dúas marcas "Deleite galego" e "Muuu", supón dar saída á metade da produción dos seus asociados, mentres que o resto destínase a marcas brancas.

Crecemento exponencial

O total do leite recibido, envasada e comercializada pasou do millón de litros no primeiro mes de funcionamento a preto de 10 millóns que se procesarán no mes de agosto e esperan chegar aos 15 millóns a finais do ano 2010.

"A nosa capacidade pode seguir aumentando e esperamos chegar a 20 millóns de litros e logo ampliaremos a 25 pois aínda que Deleite galego vendémolo inicialmente en Galicia, a outra marca xa está distribuída por practicamente toda España".

O prezo pagado aos gandeiros tamén aumentou


Segundo Casas, os gandeiros recibiron polas primeiras entregas de leite á empresa, un prezo algo inferior ao pagado por outras industrias do sector pero neste momento, o prezo xa subiu "e supera xa o prezo medio de 0,28 euros obtido polo Observatorio Lácteo Galego", engadiu.

Certificados de trazabilidad e seguridade

Casas solicitou á Xunta de Galicia a adhesión da empresa que á marca "Galega 100 %" presentada en xullo polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, como garantía futura de calidade do leite comercializado.

Esa marca, segundo o xerente, ten uns parámetros de calidade máis altos que os xerais e o básico será que só poderán levar "Galega 100%" o leite de orixe galega "e isto xa o cumprimos e cremos que o resto podemos facelo tamén", agregou.

A marca está solicitada e a súa tramitación será breve, segundo os cálculos do xerente.

Outras certificacións coas que xa conta a empresa son a "Letra Q" que é o resultado dun seguimento da calidade do leite desde a súa produción nas explotacións gandeiras ata a súa recollida e transformación na empresa (trazabilidade), e neste sentido, Casas asegurou que a láctea de Outeiro de Rei é a primeira empresa de España que responde as esixencias dese certificado, apoiado polo Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño.

Neste mesmo mes, os produtos de Alimentos ´Lácteos, recibiron o certificado de calidade e seguridade alimentaria "IFS", creado en 2003 para empresas agroalimentarias alemás, foi asumido polas súas esixencias, por empresas homólogas en Francia e Italia e está expedido por Applus+Agroalimentaria.

Dous mil gandeiros de 10 cooperativas

A empresa de Outeiro de Rei pasou de recibir leite de 8 cooperativas no mes de maio ás dez actuais e está aberta a novas adhesións que neste momento son da Coruña, Lugo e Pontevedra.

Comentarios