O Concello de Ourense denuncia o roubo de cable de cobre valorado nuns 6.500 euros

O furto deixou sen iluminación eléctrica un tramo do Paseo do Barbaña

O Concello de Ourense avanzou este martes que presentará unha denuncia polo roubo de cobre da iluminación eléctrica no Paseo do Barbaña, que deixou un tramo dun quilómetro "sen iluminación" entre a zona do pavillón Paco Paz e a rúa Manuel Murguía.

Segundo as estimacións provisionais, o goberno valora os danos nuns 6.500 euros.

O servizo eléctrico está a avaliar os danos ocasionados e desde a corporación local faise un chamamento aos veciños a fin de que poñan en coñecemento da Policía Local feitos similares.

Con este roubo son xa tres os detectados na mesma zona nos últimos meses, nos que resultaron danadas arquetas metálicas, que xa foron soldadas en diversas ocasións. 

Comentarios