Os 10 (conselleiros) de Núñez Feijóo


Etiquetas: PPdeG, autonómicas, elecciones, Xunta 09

19/04/2009 - Aarón López/ Beti Vázquez

 

------------------------------------------------

  • PRESIDENCIA: Alfonso Rueda

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, será conselleiro de Presidencia no futuro Goberno galego. Foi o primeiro nomeamento que deu a coñecer Núñez Feijóo para o novo Executivo autonómico. Rueda é o home de confianza do novo presidente e foi unha das súas fichaxes 'sorpresa' durante o XIII Congreso do PPdeG celebrado en xaneiro do 2006.

O novo conselleiro de Presidencia é Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e ten o diploma de Directivo da Xunta de Galicia. Feijóo afirma que Rueda é un "bo coñecedor" da Administración, na que conta cunha ampla experiencia previa, xa que foi director xeral de Administración Local da Xunta entre 2000 e 2005.

Alfonso Rueda, que foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra nas últimas autonómicas, terá que deixar o seu escano para dedicarse exclusivamente ao seu novo posto, tal e como é o desexo de Feijóo para os integrantes do seu equipo de goberno.

Entre os outros cargos que desempeñou, antes de encargarse da Dirección Xeral de Administración Local da Xunta en 2000, foron os de secretario dos concellos de Cervantes, A Cañiza e Cambados, así como Xefe do Gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

  • FACENDA: Marta Fernández Currás  

Fernández Currás é un dos nomes que sorprenderon este domingo na lista de Feijóo. Esta licenciada en Ciencias Empresariais, que é inspectora de Facenda do Estado e interventora, terá o labor de levar o mando deste departamento que nesta lexislatura se separa da Consellería de Economía. No seu traballo para a Xunta desempeñou o cargo de Interventora Xeral entre 2005 e 2007.

Cunha gran experiencia no ámbito da xestión pública, antes de chegar á Xunta era xefa da Dependencia Rexional de Recaudación da Axencia Tributaria en Galicia. Esta economista natural da cidade de Vigo, foi nomeada vicedecana do Ilustre Colexio de Economistas da Coruña e ademais fora elixida como Economista do ano.

Fernández Currás tamén é profesora asociada de Facenda Pública e Sistemas Fiscais na Facultade de Económicas de Santiago de Compostela.

  • MEDIO AMBIENTE E OBRAS PÚBLICAS: Agustín Hernández

Agustín Hernández será o responsable dunha das consellerías que agrupará máis competencias, desde ordenación do territorio e medio ambiente ata obras públicas e vivenda. Deputado pola provincia de Pontevedra e ex director xeral de Obras Públicas, terá que renunciar ao escano para satisfacer a intención de Feijóo de que os conselleiros teñan dedicación exclusiva.

Nacido no ano 1961, Agustín Hernández é enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos e a súa experiencia laboral moveuse entre os sectores público e privado. No 87 desempeñou diversas funcións técnicas na empresa Cuberta e Mzov, S.A. ata o ano 92 no que é contratado como ingeneiro en funcións facultativas.

A partir de aquí a súa carreira na Xunta que dirixía Manuel Fraga foi ascendendo ata chegar a ser Director Xeral de Obras Públicas no ano 85. Coa chegada do bipartito, será cesado deste cargo público e uns meses despois pasa a ser director de construción de Sercoysa Proxectos e Obras, S.A.

Este retorno repentino ao sector público custoulle fai unhas semanas a apertura dun expediente por parte do Parlamento por incumplimiento da Lei de Incompatibilidade, xa que se asegura que aprobara proxectos cunado estaba na Xunta a devandita empresa. O PPdeG defendie a súa inocencia e o propio Hernández encargou un informe para facer ver que se cumpriu a Lei.

A volta á administarción pública tivo lugar no ano 2008, cando pasa a ser Director de Infratestruturas da Deputación de Pontevedra. Agora pasa de novo á primeira liña política galega e nos seus proxectos a curto prazo figura a aprobación do Plan do Litoral, que o presidente galego comprometeu para os próximos seis meses.

  • ECONOMÍA E INDUSTRIA: Javier Guerra

Nacido en Vigo no ano 1964, Javier Guerra é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e ten un Máster en Dirección de Empresas pola Universidade Sur de California.

Na súa carreira profesional combinou a empresa privada coa xestión pública. Foi director xerente de varias compañías de roupa deportiva; e é propietario na actualidade da empresa O Segredo do Mar, plataforma de marcas entre as que se atopan 'El Niñoo' ou 'Bloom'.

Milita no partido desde os tempos de Alianza Popular, na que entrou con 19 anos; converténdose pronto en presidente Provincial de Nuevas Generaciones de Pontevedra. Tras uns anos afastado da vida política, regresou en 2003 para ocupar as Concellarías de Economía e Facenda, Persoal, Patrimonio e Contratación no Concello de Vigo durante o período de Corina Porro como alcaldesa.

Desde marzo de 2008 ocupa un escano no Congreso dos Deputados, onde é Vicepresidente Segundo na Comisión de Sanidade e Consumo así como Vocal da Comisión de Orzamentos, da Comisión Mixta para as Relacións co Tribunal de Contas, e da Comisión non permanente de Seguimiento e Avaliación dos Acordos do Pacto de Toledo.

Agora terá que renunciar a estes postos para tomar posesión do seu novo cargo como conselleiro de Industria.

  • EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA: Jesús Vázquez Abad

O novo conselleiro de Educación leva boa parte da súa vida ligado á Unversidade. Naceu en 1967 e tras doctorarse en Ciencias Económicas e Empresariais, Jesús Vázquez Abad foi profesor tutor da Uned en Ourense e con tan só 38 anos ocupou o posto de decano na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da mesma cidade.

Este conselleiro terá que enfrontarse a retos como a chegada do Plan Bolonia ás Universidades galegas ou o financiamento das mesmas. Actualmente é deputado no Congreso e portavoz nacional do PP de Universidades. Realizou actividade investigadora; traballos científicos, libros e monografías, así como diversas comunicacións e relatorios levados a congresos, mentres impartió cursos e seminarios en diversas universidades.

Durante a súa actividade no Congreso dos Deputados mostrouse crítico co Ministerio de Educación polo "atraso" do Proceso de Bolonia para construír e do descontentos tanto profesores como rectores e estudantes. Agora, pasou da oposición en Madrid a ser o máximo responsable da educación en Galicia.

  • SANIDADE: Pilar Farjas Abadía

Nacida en 1959 na provincia de Teruel, está licenciada en Medicina e Cirujía e especilista en Medicina Preventiva e Saúde Pública. Os seus cargos na Xunta iniciáronse no ano 97 ao asumir o posto de Directora Xeral de Saúde Pública na Consellería de Sanidade e Servizos Sociais.

En 1992 traballou nos servizos de sanidade exterior da Coruña e trala súa pola Dirección Xeral o seu labor foi médico de vacunas do servizo de Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario Unversitario da Coruña (CHUAC).

Ademais, foi directora executiva da Axencia Española de Seguridade Alimentaria do Ministerio de Sanidade en 2002 e xefa de servizos de Produtos Sanitarios da Consellería de Sanidade. Actualmente é concelleiro do PP no Concello da Coruña e tamén deputada provincial.

  • CULTURA E TURISMO: Roberto Varela

O novo conselleiro de Cultura, que tamén terá poder de decisión sobre a materia de Turismo trala remodelación ideada por Feijóo, está licenciado en Filosofía, Relacións Internacionais e é diplomático desde 1989. Desde o 2004, foi cónsul de España na cidade de Nova Iorque, sendo encargado dos asuntos culturais.

A súa vida como diplomático fíxolle traballar nas embaixadas de diversos países desde que comezou a súa carreira política, sempre como representante do Estado español. Desta forma, en 1994 estivo en Bonn como conselleiro da Embaixada de España e en 1999 ocupou a segunda xefatura da Embaixada de España en Kuwait.

Nacido en 1959, Roberto Varela foi tamén subdirector xeneral de Cooperación e Promoción Cultural Exterior, posto que ocupou ata o ano 2004 cando iniciou o seu traballo como cónsul na metrópolis que é a cidade de Nova York. Aquí encargábase do deseño de programas para a promoción cultural das comunidades autónomas. O seu novo cargo de conselleiro de Cultura e Turismo, é o seu primeiro posto na política afastado do mundo diplomático.

  • TRABALLO E BENESTAR: Beatriz Mato

Beatriz Mato, a muller que ocupará desde o luns a Consellería de Traballo e Benestar, naceu en Barakaldo en 1965 e é enxeñeira industrial con especialidade en Organización Empresarial. Mato terá que levar adiante esta consellería remodelada coa intención de crear un Executivo ''austero''.

Beatriz Mato comezou a militar no PPdeG no ano 1994. Nestas datas formaba parte tamén do Igape, ente público adscrito á Consellería de Economía e Facenda. O seu traballo aquí consistirá en poñer en marcha a unidade de información empresarial, adscrita ao Igape. No 2000, é delegada da Oficina Territorial do Igape na Coruña.

É no ano 2002 cando salta á Xunta como delegada provincial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos na Coruña, departamento que naquel momento dirixía Enrique López Veiga. No ano 2005 foi elixida deputada no Parlamento de Galicia, sendo portavoz de Traballo do seu grupo parlamentario.

Anteriormente ao seu paso polos entes públicos traballou como técnico de sistemas na multinacional IBM e tamén foi técnico de departamento de calidade na empresa de ingienería Norcontrol, S.A.

  • MEDIO RURAL: Samuel Jesús Suárez

Nacido en 1962, é licenciado en Veterinaria e funcionario do corpo nacional veterinario. Desde 1988 a 1990 coordinou as campañas de saneamiento ganadero da Xunta, e a partir de 1990 intégrase no Ministerio de Sanidade como xefe de sanidade exterior en Vigo.

De 1993 a 1996 é director xeral de Pesca na Xunta, e a partir de 1996 ocupa o cargo de secretario xeral de Pesca Marítima no Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Tamén traballou na Embaixada de España en Washington, como conselleiro de agricultura. Substitúe a Alfredo Suárez Canal.

  • MAR: Rosa Quintana

Nacida en 1959, é licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago, na que obtivo a súa doctorado por unha tese sobre o mexilón. Entra na Consellería de Pesca en 1987, como funcionaria. En 1992 é nomeada xefa do servizo de marisqueo, e desde 1997 é delegada territorial de Pesca en Vigo.

En 2001 foi nomeada directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, que abandona en 2005. Tamén participou como experta da Unión Europea na celebración de seminarios sobre lexislación alimenticia. Substitúe a Carmen Gallego.

4'0 (22 votos)

Para valorar comentarios debes estar registrado.


Acceder Crear usuario

No puedes valorar tus propios comentarios.



Ya has valorado este comentario



15 comentarios

Nos interesa tu opinión, pero con 'sentido'. Nada de insultos ni descalificaciones.
Se borrarán todos los comentarios que, con criterio subjetivo como en toda web, se consideren inadecuados.
Y recuerda, no des de comer a los trolls...
Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.


#15 Por xoel 14-05-2009 19:51

Normal

O novo equipo estase lucindo cos nomeamentos que disque farán para Lugo. Por este camiño teñen garantido que volven a ser reelexidos. Moitos dos nomes de xefes territoriais ou como se chamen SON UNS RESENTIDOS que terminarán por cabrear a todo o mundo. Resentidos e incompetenes, unha boa mescla, si señor.


#14 Por kalibriya 06-05-2009 17:43

Normal

en canto o resto..... (e o d medio rural tamen, veeeña!!) animo!! e traballade por todos igual, non creo q sea de maior importancia de donde sean, donde vivan ou deixen de vivir.. que traballen con ganas de facer algo, e non de joder (perdon) ó projimo como fan a maioría do q tiñamos ahí arriba!! :D


#13 Por kalibriya 06-05-2009 17:37

Normal

O DE MEDIO RURAL: QUE VAIA POÑENDO SOLUCIONS ENRIBA DA MESA!!!!!!!!!!!!! ANTES D Q NOS VAIAMOS TODOS A PIQUE, GANDEIROS E FERRETERIOS, PIENSOS, QUIMICAS, E TODOS OS Q VIVIMOS DO RURAL QUE O FIN E O CABO É A NOSA MATERIA PRIMA (A UNICA Q TEMOS, PEIXE, AGRICULTURA, CARNE E LEITE)

deberian darlles máis e pedirlles menos!!!!!!!!

e o leite frances......... q o deixen aló!! eu quero leite galego!!!!!!


#12 Por Manulo 21-04-2009 23:23

Normal

soy de Lugo,por supuesto que me gustaria que hubiera mas representacion lucense,pero no creo que eso sea lo mas importante pues ya estamos representados por los señores diputados.Mas inportante es que sen personas con preparación y ganas de trabajar.Dejemonos de tonterias y demosles un margen de confianza y al señor Blanco tambien y luego haber quien gana.


#11 Por galego 20-04-2009 14:21

Normal

NON SEXADES TAN CRITICOS CO NOVO EQUIPO DE GOBERNO HAI QUE DEIXAR UN TEMPO PARA QUE TRAGEN O QUE PODAN E LOGO XA FARAN ALGO


#10 Por dallequedalle 20-04-2009 13:56

Normal

Lugo só serve para facela foto comendo o polbo no S. Froilan, para os cargos importantes os da Coruña e os de Pontevedra que son mais listos; vaia políticos que temos!! menos mal que nos queda Pepiño Blanco!!


#9 Por John 20-04-2009 01:33

Normal

Resulta curioso que varios procedan del ámbito de la Consellería de Pesca y sus delegaciones, no sé lo que eso querra significar. También parece que tienen experiencia en cargos anteriores y una buena titulación. Desconfío de los saltos entre el sector público y el privado. Veremos.


#8 Por LUGOSI 19-04-2009 21:16

Normal

Para Sopi,

Samuel Jesus Suarez, es de Lugo.

Lo importante no es de donde son si no lo que hagan por Lugo y para eso hay que darles tiempo.
Se ve que ha formado un gobierno de técnico, validos y bien formados,y no dejarse llevar por los repartos territoriales que no aportan nada.


#7 Por leo 19-04-2009 20:49

Normal

No me parece ben que non saliera Raquel de Sober, penso que o faria ben, desde logo que LUGO quedou no aire E DESPOIS DECIAN QUE TIÑA A CULPA CACHARRO. CACHARRO XA NON ESTA "LUGO ONDE"


#6 Por xosee 19-04-2009 19:59

Normal

MACROCONSELLERIA DE MÉDIO AMBIENTE, OBRAS PÚBLICAS, ORDENACIÓN DO TERRITÓRIO, VIVENDA
O Médio Ambiente promete: Enxeñeiro de camiños, canles e portos, especialidade cimentos e estructuras; relacionado coas empresas constructoras, Cubiertas y Mzov, Grupo Puentes, Sercoysa Proyectos y Obras, S.A., etc.-VUELVE EL LADRILLO!
De médio ambiente, nin a cuarta parte.


#5 Por senloy 19-04-2009 19:05

Normal

Pareceme moi ben que Feijoo nombre a unhas persoas con idade xoven para os cometidos na administracion que requiren esforzo, concentracion e dedicacion e non figurantes con renombre pero con pouco afan de traballo. Animo e a traballar e triunfar.


#4 Por xaxa 19-04-2009 18:14

Normal

Menudo concepto debe ter o Sr. Feijoo dos lucenses. Nin un so conselleiro de Lugo, podemonos sentir orgullosos e satisfeitos. Lugo nunca estivo tan descriminada como en esta ocasión. Xa nos podemos preparar.


#3 Por sopi 19-04-2009 15:14

Normal

Nin un solo de Lugo.

Manda Carallo!!!.


Por primeira vez queda Lugo sen conselleiros. E eso que somos a única provincia con maioría absulota para ó PP.

Esto non queda así........ Creo que vai hinchar.


#2 Por Oscar 19-04-2009 15:02

Normal

Por que non lle poñen o ano de nacemento a Martiña? ->Será porque é moi noviña para ser do PP.
CHEGOU A MANIPULACIÓN E CACIQUISMO, PREPARENSE SEÑORES QUE EMPEZAMOS.


#1 Por ferrete 19-04-2009 13:27

Normal

Pois xa saliu a combinación gañadora. Eu contaba con cinco e o complementario, pero téñome que conformar co reintegro.


Acceder Crear usuario

Puedes comentar sin tener que crear un usuario, pero es recomendable si quieres acceder a todas las funcionalidades de los comentarios (votaciones, karma, foto personalizada





captcha

Cambiar por outro


Un poco de HTML está bien
Puedes usar algunas etiquetas HTML <a></a>, <b></b>, <s></s>, <u></u>, <i></i>