Os contaxios de coronavirus en España xa superan os 70 casos
01 de marzo de 2020 (11:30 h.)
O Goberno opta por manter as medidas de contención que ata agora está a aplicar
O ministerio de Sanidade contabilizou ata as 9.00 horas deste domingo máis de 70 casos positivos de coronavirus en 13 comunidades autónomas, o que supón un incremento dunha vintena de casos respecto da mesma hora do día anterior.
Á espera do que decida o Comité de Seguimento do Coronavirus na súa reunión deste domingo, da que dará conta o director do Centro de Coordinación de Alertas e Urxencias Sanitarias, Fernando Simón, o ministerio optou por manter as medidas de contención que ata agora está a aplicar.