Morre o expresidente exipcio Mohamed Mursi durante o seu xuízo
17 de junio de 2019 (20:27 h.)
O exmandatario derrocado en 2013 enfrontábase a un proceso por espionaxe
O expresidente de Exipto Mohamed Mursi, que gobernou o país entre 2012 e 2013 antes de ser derrocado polo Exército nun golpe de estado non sanguento, faleceu este luns durante unha sesión dun xuízo contra el por espionaxe, informou a televisión estatal exipcia.
A emisora publica non ofreceu máis detalles sobre as causas da morte do exmandatario islamita, que levaba preso desde o 3 de xullo de 2013 e foi sometido a múltiples xuízos neste tempo.