Morre o piloto dunha avioneta que se estrelou en Navarra
20 de febrero de 2020 (21:28 h.)
Ata o lugar acudiron patrullas da Policía Foral e da Garda Civil, así como efectivos de bombeiros e ambulancias
O piloto dunha avioneta que se estrelou na tarde deste xoves na localidade navarra de Noáin faleceu, segundo informa a Policía Foral.
A avioneta estrelouse e logo incendiouse, cara ás 18.20 horas no paseo da Estación da citada poboación.
Ata o lugar acudiron patrullas da Policía Foral e da Garda Civil, así como efectivos de bombeiros e ambulancias.