O ‘obrigado’ de Néstor Rego e Pedro Sánchez que causou polémica na rede
05 de enero de 2020 (13:02 h.)
O único deputado do BNG no congreso, Néstor Rego, abriu a súa intervención no debate de investidura empregando o galego e finalizou cun " obrigado", ao que Pedro Sánchez respondeu cun " moito obrigado", o que suscitou críticas nas redes polo uso do portugués.
A chiscadela do nacionalista ao reintegracionismo ao substituír o " grazas" normativo polo termo luso pasou ata certo punto desapercibida, pero os internautas asolagaron Twitter cos seus reproches ao líder socialista, aínda que tampouco faltaron voces defendendo a lexitimidade do uso desta palabra en ambos os idiomas.