Póxase por 47.900 euros o suéter co que Lady Di esquivaba á prensa
15 de julio de 2019 (18:59 h.)
Grazas á poxa se financiará escolarización dunha nena de Malaui
Din os que máis coñecían á princesa Diana de Gales que, cansada de ser fotografada polos paparazzi, decidiu vestir o mesmo suéter cada vez que ía ao ximnasio. Deste xeito, a prensa do corazón resignábase ante a imposibilidade de conseguir novas fotos de Lady Di.
Este suéter foi un agasallo do magnate Sir Richard Branson, e acabou en mans da adestradora persoal da princesa, Jenni Rivett, regalado pola propia Diana. Vinte e un anos máis tarde, en concreto o pasado mércores, Rivett decidiu poxalo por unha boa causa: financiar a escolarización dunha nena de Malaui.
O propio Branson participou na poxa, pero a peza foi finalmente a parar a un ofertante anónimo que ofreceu 47.900 euros.