Segue a procura do desaparecido en Alacante cuxo coche foi achado baleiro

Un vecino intenta entrar en su casa de la localidad de Almenara (Castellón) tras el paso de la borrasca Gloria. EFE
O vehículo sería arrastrado cando trataba de atravesar o río Algar

A Garda Civil mantén a procura do home desaparecido desde o pasado luns na comarca alacantina da Mariña Baixa e cuxo coche foi atopado onte baleiro nunha zona de difícil acceso e alagada polas choivas da borrasca Gloria.

Fontes da investigación sinalaron que o desaparecido, de 67 anos e veciño de Polop da Mariña (Alacante), non se atopaba dentro do coche no momento en que, aínda medio mergullado, foi inspeccionado polos mergulladores da Garda Civil (GEAS).

A desaparición produciuse cando o home conducía o seu vehículo desde Benidorm en dirección a unha caseta de apeiros da súa propiedade, no termo municipal de Callosa d'En Sarrià.

Ao intentar atravesar o camiño alagado que cruza o río Algar, o seu coche sería arrastrado dous quilómetros abaixo pola subida da auga a consecuencia do temporal e apareceu nun punto de difícil acceso e alagado da partida Alcolecha, no termo municipal da Nucía.