Concha Velasco, ingresada nun hospital da Coruña
24 de septiembre de 2018 (11:48 h.)
A veterana actriz sufriu unha indisposición que a obrigou a suspender a súa función no teatro Rosalía de Castro
A actriz Concha Velasco, de 78 anos, permanece ingresada nun hospital da Coruña despois de que este domingo sufrise unha indisposición que a obrigou a suspender unha función programada no Teatro Rosalía de Castro.
A veterana actriz protagoniza El funeral, unha comedia dirixida polo seu fillo Manuel M. Velasco. O teatro busca data para recolocar o espectáculo e para informar o proceso de devolución do importe das entradas se os espectadores non puidesen asistir.