Deteñen a parella de Carmen Martínez Bordiú en Barajas

Carmen Martínez Bordiú. AEP

Timothy McKeague protagonizou un bochornoso altercado no aeroporto de Madrid

Timothy McKeague, actual parella de Carmen Martínez Bordiú, foi detido pola Policía Nacional tras protagonizar un altercado no aeroporto de Barajas.

Segundo informou o programa Sálvame, McKeague iba coller un voo a Holanda, pero chegou á porta de embarque cando xa estaba pechada. Ao non deixarlle pasar, o mozo de Martínez Bordiú increpou aos traballadores da aeroliña, que decidiron chamar á Policía ante a súa actitude. 

Á espera do xuízo, McKeague atópase en liberdade con cargos por "un delito de atentado á seguridade do Estado".