Ernesto Chao: "Temo ter que volver a 'Pratos combinados'"

Ernesto Chao. AEP

Esta entrevista co actor falecido este luns foi publicada na contracapa do xornal El Progreso do 18 de outubro de 2010

1. Pode haber algún televidente galego que non o coñeza? Por se acaso, preséntese.   
a)Teño vocación de barman, pero montei o negocio nunha serie televisiva.
✘ b) Son un actor de teatro que ás veces traballa en televisión. Cansei de facer cadaleitos.
c) O meu era catar viño en Ribadavia.

2.¿Un instrumento de traballo?
a) Unha chaqueta amarela.
✘ b) Un sorriso a tempo. Somos coma nenos.
c) A vocalización.

3. A que teme máis?
a) A que o público ría nos dramas e chore nas comedias.
✘ b) A ter que regresar a facer de Miro en Pratos combinados. Todo ten un límite.
c) A quedar en branco na representación de Casting.

4.Que non faría nunca?
a) Gravar vídeos para YouTube.
✘ b) Comer pulpo con Coca Cola.Sendo de Ribadavia non podería ser doutro xeito.
c)Producir O divino ferrete, a primeira película porno en galego.

5.Un lugar para vivir?
a) Hollywood, con Penélope e Bardem de veciños para terlles conta do pequeno.
b) Ribadavia, para non perder nunca a Mostra de Teatro.
✘ c) Santiago, non hai outro remedio traballando na interpretación.

6. Que está facendo máis dano aos actores?
a) Os empresarios do espectáculo.
b) Os recurtes publicitarios en televisión.
✘ c) A piratería no cinema. Eu tamén pago por tomar copas.

7.En que traballo se sentiu máis cómodo?
 a) En Aquí no hay quien viva.
✘ b) En O rei Lear. Gustaríame repetilo.
c) En La hora bruja, de Jaime de Armiñán.

8.O máis complicado que logrou na vida?
a) Facer rendible Lagarta Lagarta.
✘ b) Comunicar como Ramón Sampedro en Condenado a vivir. O de facer rendible Lagarta Lagarta aínda non se conseguiu.
c) Participar na rodaxe de Os mortos van ás présas.

9.Elixa unha frase, por favor.
✘ a) "Un actor sempre está espido, aínda que estea vestido". Harvey Keitel. En O segredo dos Hoffman saín espido das dúas maneiras.
b) "Todo o que precisas para actuar é que che dean traballo. Así que me dixen: o traballo é
teu". Clint Eastwood.
c) "Un home non é sincero cando fala de si mesmo. Dádelle unha máscara e dirá a verdade". Velvet Goldmire.

10. Un soño?
✘ a)Actuar ata a fin do tempo. Xa queda pouco.
b) Colgar carteis de Non hai entradas con Cásting
c) Non ter que volver a contestar a este test.