John Frusciante regresa a Red Hot Chili Peppers
Dez anos despois da súa marcha, o guitarrista John Frusciante volve a Red Hot Chili Peppers en substitución de Josh Klinghoffer -quen á súa vez o substituíu a el en 2009-.
Así o confirma a banda californiana nun breve comunicado recollido por Europa Press, no que dan as grazas a Klinghoffer polo seu labor durante a última década.
"Josh é un músico marabilloso a quen respectamos e amamos. Estamos profundamente agradecidos polo noso tempo con el e os incontables agasallos que compartiu connosco", apunta o grupo.
E logo engade: "Nós tamén anunciamos con gran emoción e corazóns plenos, que John Frusciante reincorpórase ao noso grupo".
Frusciante é o guitarrista máis querido polos fans da banda, pois con el crearon as súas obras máis celebradas en discos como Blood sugar sex magik (1991) ou Californication (1999).