Katy Perry abandona temporalmente a música

Katy Perry. INSTAGRAM (@manthony783)

"Estou de xira desde fai como 10 anos, así que agora vou descansar", anunciou a artista, que quere centrarse agora na súa vida persoal e na súa liña de zapatos

Katy Perry anunciou que abandonará temporalmente os escenarios para centrarse noutros aspectos da súa vida como a súa saúde mental, a súa relación con Orlando Bloom e o seu novo proxecto empresarial: a liña de zapatos Katy Perry Collections.

"Estou de xira desde fai como 10 anos, así que agora vou descansar", dixo a intérprete de I kissed a girl, que asegurou en declaracións a Footwear News que está "intentado "atopar o equilibrio para non excederme e intentando manter os pés sobre a terra".

Na entrevista, a artista asegura que a súa parella, o actor Orlando Bloom, foi "un gran apoio" para ela en momentos duros da súa carreira. "Por algunha razón, atraio a persoas que son verdadeiramente reais e que me baixan a terra cando ven que estou un pouco tola", apuntou.

DESEÑADORA. Neste momento, Perry busca enfocar o seu lado creativo na súa marca de zapatos. "Quero que conten unha historia e sexan un disparador de conversacións a través dos pés", asegurou a artista, que cre que son complementos "accesibles" e "cheos de personalidade".