Lamb of God encabeza as novas confirmacións do Resurrection Fest
22 de noviembre de 2018 (13:54 h.)
Os estadounidenses xa actuaron en Viveiro en 2013
O Resurrection Fest anunciou unha nova onda de bandas para a edición do próximo verán, encabezada polos estadounidenses Lamb of God, que xa actuaron en 2013 en Viveiro.
Entre as novas confirmacións tamén están a revelación do black metal europeo, os polacos Batushka, ou os portugueses Serrbulho.
Ademais, a organización informou de que o 1 de xaneiro anunciará a último cabeza de cartel, que actuará o sábado 6 de xullo.
No comunicado adxunto ao seguinte tuit da conta oficial do Resurrection figuran todas as novas confirmacións.