Morre Albert Uderzo, lendario debuxante de Astérix
24 de marzo de 2020 (12:04 h.)
Tiña 92 anos e sufriu unha crise cardíaca
O lendario debuxante francés Albert Uderzo, creador xunto a René Goscinny das aventuras de em Astérix o galo, entre outros cómics, morreu aos 92 anos na súa casa en Neuilly, xunto París, confirmou a Efe este martes a editorial Salvat.
Uderzo morreu como consecuencia dunha crise cardíaca "sen relación co coronavirus", explicaron fontes da editorial, que destacaron que faleceu "rodeado do amor da súa familia".