Morre aos 81 anos Galindo, colaborador de 'Crónicas Marcianas'
Os seus compañeiros no mítico programa de Telecinco anunciaron a noticia a través das redes sociais.
O colaborador de Crónicas Marcianas Martí Galindo faleceu este domingo aos 81 anos.
Os seus compañeiros no mítico programa de Telecinco anunciaron a nova a través das redes sociais.
Paz Padilla asegurou sentirse "muy triste" tras coñecer a noticia. "Era una de las personas más grandes que he conocido, muy buen compañero, cariñoso,una persona como pocas hay. Hizo mi trabajo muy fácil, no te olvidaré, no te olvidaremos #cronicasmarcianas, todos te queríamos", escribiu en Instagram a presentadora.
Tamén o cómico Carlos Latre quixo dedicar unhas palabras ao actor. "Se nos fue mi querido Martí Galindo. El mítico Señor Galindo!!! . Siempre me trató con afecto y cariño. Compartimos buenos momentos de TV!!! Q suene la mejor música clásica (que adoraba...) para decirle adiós con la mejor de las sonrisas... :)".
Mesmo medios como RTVE lamentaron o seu pasamento e lembraro o seu paso por televisión.