Álex Bergantiños, hospitalizado tras un brutal choque durante o partido co Mallorca
21 de junio de 2019 (01:06 h.)
O centrocampista do Deportivo quedou tendido no chan coa cara ensanguentada
Un duro choque do centrocampista do Deportivo Álex Bergantiños, co xogador do Mallorca Pedraza no minuto 42 da primeira parte do partido de ida da fase final dos play off de ascenso a primeira división, deixou fóra de xogo ao deportivista.
O xogador coruñés recibiu un severo golpe na cara que lle deixou tendido no terreo de xogo coa cara ensanguentada. Bergantiños foi trasladado en padiola momentos despois do impacto e finalmente hospitalizado, segundo informan fontes do club, que tamén concretaron que o xogador se atopa ben.