O Celta leva o celeste ás batas de pediatría do Álvaro Cunqueiro
O Celta de Vigo sumouse a outros clubs de Primeira División coa entrega na zona de pediatría do hospital Álvaro Cunqueiro de 25 batas creadas con camisetas do primeiro equipamento, unha iniciativa que impulsou a revista de fútbol Panenka baixo a lema #LasBatasMásFuertes
As batas entregadas polo club e a Fundación están serigrafiadas cos nomes e números dos canteiráns que militan no primeiro equipo, informou este luns a entidade galega.
Ao acto de entrega acudiron o presidente e máximo accionista do Celta, Carlos Mouriño; o director da Fundación, Germán Arteta; e os xogadores do primeiro equipo Iago Aspas e Denís Suarez.
“Esta iniciativa naceu para que os nenos hospitalizados poidan lucir a camiseta do seu equipo favorito en lugar da aburrida bata verde para que o seu estado de ánimo poida mellorar e así sentan máis fortes”, destaca o Celta no seu comunicado.