Koeman, novo adestrador do Barcelona ata o 30 de xuño de 2022
19 de agosto de 2020 (14:19 h.)
O holandés será presentado esta tarde no Auditorio 1899 do Camp Nou
O FC Barcelona e Ronald Koeman chegaron a un acordo para a súa incorporación como adestrador do primeiro equipo de fútbol ata o 30 de xuño de 2022, segundo anunciou este mércores a entidade azulgrana.
Koeman, que aterrou este martes en Barcelona tras rescindir o seu contrato coa federación holandesa de fútbol como seleccionador dos Países Baixos, será presentado esta tarde (18:00 horas) como novo técnico do Barça, nunha rolda de prensa telemática que se celebrará no Auditorio 1899 do Camp Nou.