Loito no baloncesto galego pola perda, aos 21 anos, de Michael Uchendu
O pivote do Leyma Coruña estaba cedido por el Obradoiro. O baloncesto galego chora a súa morte
O pivote brasileiro Michael Uchendu faleceu este sábado nun accidente cunha moto acuática no seu país, confirmaron fontes do Básquet Coruña, o seu último equipo.
"Desde o Básquet Coruña queremos sumarnos ás condolencias polo falecemento do noso pivote a pasada campaña en LEB Ouro Michael Uchendu, prometedor xogador e excelente persoa", escribiu o club coruñés nas redes sociais.
O mozo Uchendu asinou polo Obradoiro de Santiago de Compostela hai un ano como unha aposta de futuro tras destacar no Paschoalotto Bauru.
A pasada tempada, a da súa estrea no baloncesto europeo, xogou cedido no Leyma Básquet Coruña, co que disputou 34 encontros na Leb Ouro.
A súa tráxica morte conmoveu ao mundo do deporte e, moi especialmente, ao baloncesto galego.