Xavi Hernández anuncia que padece coronavirus
O ex xogador do Barcelona e da selección española Xavi Hernández, actual técnico do Al Sadd catarí, anunciou que padece coronavirus e que estará á marxe do seu equipo mentres dure a súa recuperación.
Xavi anunciou que "hai uns días e seguindo o protocolo da Liga de Catar dei positivo no último test de Covid 19 que me realizaron. Afortunadamente atópome en perfecto estado pero, seguindo o protocolo, illado ata que o supere".
"Cando as autoridades sanitarias mo permitan incorporareime á miña rutina e traballo diario con máis ganas que nunca. Agradezo a todas as autoridades o pór á nosa disposición todos os medios para unha detección precoz que evite maiores contagios e garanta un desenvolvemento normal da competición", engade o seu anuncio en Instagram.
Polo tanto, Xavi destaca que queda á marxe temporalmente do equipo na súa volta á competición. "Hoxe non poderei acompañar ao equipo na volta á competición oficial. No meu lugar e á cabeza do staff técnico estará David Prats", indicou nas redes sociais o adestrador español.