El tiempo
domingo. 02.04.2023
El tiempo

Opromar utiliza unha impresora 3D para converter os descartes de pesca en produtos atractivos

Segunda jornada de la XX Feria Internacionalde Productos del Mar Congelados, Conxemar. SALVADOR SAS
Segunda jornada de la XX Feria Internacionalde Productos del Mar Congelados, Conxemar. SALVADOR SAS

A organización de produtores de Marín realizou unha exhibición en Conxemar

A Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto e Ría de Marín (Opromar) organizou este mércores en Conxemar unha exhibición do uso da impresión 3D para converter descartes da pesca, con escasa demanda comercial, e músculo de peixe picado en produtos atractivos para o consumidor. A exhibición consistiu na conversión de cartuchos de mince (músculo de peixe picado) de especies como a bacaladilla ou o lirio en pezas que se asemellan a vieiras e en espaguetis de mar.

A programación para a impresora 3D é obra da viguesa Exga 3D e está formada por dous enxeñeiros e dous cociñeiros.

Actualmente hai cinco fábricas no mundo de impresoras 3D para o sector da alimentación, unha delas en España, pero ningunha produce en serie. 

Opromar utiliza unha impresora 3D para converter os descartes de...
Comentarios