Abre o prazo para solicitar axudas por suspensión ou redución de actividade pesqueira

Flota amarrada en Burela. ARQUIVO
Os profesionais do sector poderán percibir ata un máximo de 50 euros por día de parada desde o 16 de marzo

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou a liña de axudas por 30 millóns de euros por suspensión ou redución da actividade pesqueira. O prazo de solicitudes ábrese este xoves, 13 de agosto, e durará 15 días. 

Segundo esta orde de axudas, os profesionais da pesca poderán percibir ata un máximo de 50 euros por día de parada desde o 16 de marzo. 

Poden ser beneficiarios tanto armadores como persoas dedicadas á pesca que traballasen a bordo dun buque pesqueiro español afectado pola paralización vinculada á pandemia. 

Segundo informa a Delegación do Goberno nun comunicado, o obxectivo "é facer chegar de forma urxente liquidez" ao sector, polo que acúrtanse os prazos "ao máximo para asegurar a plena eficacia e efectividade da medida". 

Esta liña de axudas está cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro (FEMP) e aborda as contías máximas.