Estabilizado o incendio que queimou unhas 66 hectáreas en Verín

Incenido en Verín. TWITTER (@BrifLaza)

As lapas orixináronse na parroquia do municipio ourensán de Vilamaior do Val

Un incendio forestal permanece activo este martes no termo municipal de Verín (Ourense), onde queimou unhas 30 hectáreas de superficie.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, ás 15.39 deste martes iniciouse un lume na parroquia de Vilamaior do Val, no termo municipal de Verín.

EXTINGUIDO. Mentres, o incendio forestal que se iniciou ás 2.21 deste martes no municipio de Muras quedou extinguido ás 19.47 horas.

As últimas estimacións sitúan a superficie afectada en 25 hectáreas de monte raso. No seu control traballaron dous técnicos, seis axentes, 16 brigadas, cinco motobombas, unha pa e un helicóptero.

Pola súa banda, ás 14.25 deste martes quedou extinguido o lume declarado ás 19.18 do luns na parroquia de Pambre, en Palas de Rei. Debido a este lume ardeu unha superficie de 35 hectáreas, de elas14 de monte arborado e 21 de raso.

Para extinguir este incendio mobilizáronse seis axentes, 14 brigadas, seis motobombas, dúas pas e seis helicópteros.