Afúndese un pesqueiro no peirao de Muxía con 1.500 litros de combustible
Efectivos da Xunta despregaron barreiras anticontaminación
Efectivos da Xunta de Galicia despregaron barreiras anticontaminación despois de afundirse un barco pesqueiro sen ninguén a bordo a dez metros do peirao de Muxía (A Coruña) cunha carga de combustible de 1.500 litros.
Segundo explicaron a Europa Press fontes da Consellería do Mar, en Muxía hai persoal de Portos de Galicia e do Servizo de Gardacostas que despregaron barreiras anticontaminación.
As mesmas fontes do Goberno autonómico puntualizaron que a vertedura de combustible do pesqueiro afundido está "confinada na dársena" de Muxía.
O servizo de emerxencias 112 Galicia recibiu a alerta do afundimento do pesqueiro sobre as 23,15 horas do luns a través do aviso dun particular. Após o aviso, o 112 informou do ocorrido a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas, á Guardia Civil, a Portos de Galicia e a Protección Civil.