Alerta laranxa na costa de Pontevedra e A Coruña por forte vento este luns

Oleaje. ANTONIO LÓPEZ

Agárdase unha xornada de ceos máis anubrados canto máis ao oeste de Galicia

A semana previa ao Nadal comezará con forte vento no litoral pontevedrés. Este luns

estaremos nunha situación intermedia entre as altas presións centradas na península Ibérica e as baixas presións situadas no Atlántico norte.

Con isto, agárdase unha xornada de ceos máis anubrados canto máis ao oeste de Galicia, con posibilidade de chuvias febles no litoral oeste da provincia da Coruña. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos.

Os ventos soprarán de compoñente sur, aumentando progresivamente en intensidade e rematando a xornada sendo ventos fortes en xeral, moi fortes no litoral.