Ameaza a uns mozos cun machete en Vigo e foxe en coche drogado e sen carné
Axentes da Policía Local de Vigo denunciaron a un home de 32 anos que supostamente ameazou a uns mozos cun machete de grandes dimensións e logo foi interceptado no seu vehículo drogado e sen carné en vigor, ao constarlle ata tres perdas de vixencia.
Ademais, o vehículo carecía de seguro obrigatorio e tiña caducada a ITV, detallan fontes policiais.
Foi á primeira hora do sábado cando unha patrulla se dirixiu á confluencia das rúas Sanjurjo Badía con Pedro Alvarado, onde se estaba producindo unha liorta entre mozas e un deles portaba un coitelo de grandes dimensións.
O sospeitoso xa abandonara o lugar da pelexa e foi localizado ao cabo cando circulaba pola rúa Julián Estévez.
Os axentes rexistraron o vehículo e localizaron baixo o asento do condutor un machete de 37 centímetros de folla, así como un porro aceso.
Na proba de detección de sustancias estupefacientes deu positivo en THC, benzodiacepina e cocaína.