Afúndese o buque que sufriu un incendio no peirao vigués de Bouzas

Fume provocado polo aparatoso incendio deste xoves nun pesqueiro atracado no peirao vigués de Bouzas. SALVADOR SAS (Efe)

O buque que sufriu un incendio no peirao vigués de Bouzas afundiuse na tarde deste xoves, cando tocou fondo, segundo confirmaron fontes da Autoridade Portuaria a Europa  Press. 

Os servizos de emerxencia despregaran  antes unhas barreiras anticontaminación #ante a ameaza de afundimento do pesqueiro, en cuxo interior se declarou un incendio á primeira hora deste xoves e que non  pufo ser sufocado.

Os Bombeiros de Vigo, a Policía Local, Nacional e Portuaria seguen despregados no punto para tratar de sufocar o incendio, que se declarou sobre as 8.45 horas na adega do buque conxelador, probablemente durante uns traballos de soldadura.

A pesar da aparatosidade do incendio, que xerou unha gran columna de fume visible a varios quilómetros á redonda e cuxo intenso cheiro aínda é perceptible, non se produciron danos persoais.

O grupo de apoio loxístico da Axencia Galega de Emerxencias mobilizou unha motobomba de gran caudal e un equipo de drones para incorporar ao operativo de extinción.

Ademais, debido á cantidade de medios e recursos humanos que traballan na zona, o persoal da Autoridade Portuaria de Vigo solicitou a colaboración preventiva do servizo de Urxencias Sanitarias, a pesar de que ningunha persoa resultou afectada o incendio. O tres tripulantes que estaban no conxelador atópanse ben

Segundo informou a Policía Local, os Bombeiros tiveron que traballar arrefriando o casco da nave desde o exterior, ante a imposibilidade de acceder ao barco pola gran cantidade de fume xerado.