Aparece aboiando na costa de Bueu o cadáver dunha balea de 12 metros
20 de diciembre de 2018 (15:47 h.)
O cetáceo foi remolcado ao porto de Marín e será incinerado
O cadáver dunha balea de 12 metros apareceu flotando este xoves fronte ás costas de Bueu, concretamente na zona de Beluso.
Dous pesqueiros localizaron o corpo do cetáceo, que foi levado ao porto de Marín polo remolcador Santa María, de Salvamento Marítimo.
Agora tramitarase a súa incineración. A súa presenza na ría supuña un risco para a navegación.