Unha avaría nun tren rexional Ourense-Santiago deixa tirados a 67 pasaxeiros
05 de marzo de 2018 (10:33 h.)
Os viaxeiros foron trasladados en autobús á capital galega
Os 67 pasaxeiros que viaxaban nun tren rexional que cubría a liña Ourense-Santiago resultaron ilesos despois de que o convoi sufrira unha avaría ás 21.15 horas do domingo preto da estación de Bandeira, en Silleda.
Segundo informa 112 Galicia, os viaxeiros foron trasladados, ás 00.15 horas, noutro tren ata a estación de Ponte Taboada e, dende alí, un autobús levounos a Santiago.
Nada máis recibir a alerta dende o Centro de Xestión de Renfe de Ourense, o persoal do CIAE informou do ocorrido á Garda Civil, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Lalín e aos Bombeiros do Deza.