Bañistas abandonan A Frouxeira, en Valdoviño, pola presenza de quenllas

O areal da Foruxeira, en Valdoviño. AEP
Non houbo ningún incidente. Eran exemplares de marraxos "pequenos"

O avistamento dun grupo de quenllas marraxo obrigou a varios bañistas a saír da auga na praia da Frouxeira, en Valdoviño (A Coruña), segundo informan a Europa Press fontes de Protección Civil. 

Segundo estas fontes, foi nunha zona concreta dese areal na que os bañistas avistaron "marraxos pequenos", polo que, "por precaución", os socorristas instaron a abandonar a auga. 

En calquera caso, non houbo ningún incidente, precisan as mesmas fontes, nunha xornada na que o regreso do anticiclón en plena ponte de agosto levou a numerosos galegos e turistas a desprazarse ás praias da comunidade, tras varias xornadas de mal tempo.