Benedicta Sánchez e José Luis Martínez Almeida, comendadores do Cocido de Lalín

Benedicta Sánchez, con el Goya. EFE
José Crespo recupera este elemento para o evento do que o anterior Goberno prescindira

A actriz Benedicta Sánchez e o alcalde de Madrid, José Luis Martínez Almeida serán comendadores do Cocido de Lalin.

Así o anunciou o alcalde, José Crespo, que indicou que recupera as encomendas, das que o anterior goberno local prescindira, para darlle unha maior protección a esta cita gastronómica, que proximamente será catalogada como Festa de Interese Turístico Internacional.