A borrasca Daniel activa as alertas climatolóxicas en Galicia
A borrasca Daniel chega á provincia de Lugo cargada de choiva e neve. O risco será importante xa que ao longo da xornada espéranse acumulacións de ata 20 centímetros de neve, o que levou a activar a alerta laranxa na montaña lucense. Desta situación tampouco se librará Ourense.
En canto a A Coruña e Pontevedra, terán activada a alerta amarela por mar combinada de 4 a 5 metros.
A AEMET espera que este martes, a consecuencia da borrasca Daniel se produzan precipitacións localmente fortes e/ou persistentes no noroeste peninsular e que serán en forma de neve a partir de 700 metros.
PREDICCIÓN. O martes será unha xornada de transición, aínda que persistirá o aire frío en capas altas. Deste xeito, os ceos alternarán nubes e claros en xeral, con choivas ocasionais na primeira metade do día.
As temperarturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas non terán cambios. O vento soprará do noroeste, virando o compoñente sur forte ao final do día.